25 novembro - 18 decembro 2025

Achegamento práctico á arte contemporánea

Imagen del curso Achegamento práctico á arte contemporánea, impartido por Pilar Romero en NORMAL, Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña, donde se muestra a un grupo de personas atendiendo a las explicaciones del artista sobre su obra.
Promovido por:
Espacio Peculiar
Impartido por:
Pilar Romero
Duración:
12 horas (8 sesións de 1,5 horas)
Lugar:
NORMAL, Campus Universitario Riazor
Inscrición:
Universidade da Coruña (ata 24 de outubro de 2025)
Ir á páxina de inscrición
Descrición
Inmersión práctica na arte contemporánea a través do contacto directo con artistas e espazos de creación da Coruña. O curso combina contidos teóricos, dinámicas participativas e visitas a estudos e exposicións, favorecendo unha comprensión crítica e próxima da creación actual. O alumnado aprenderá a identificar, interpretar e comunicar manifestacións artísticas, conectándoas con outros ámbitos do pensamento contemporáneo.
ObXeCtivos
  • Explorar a variedade de formas, contextos e discursos da arte contemporáneo a través das prácticas de artistas da Coruña de recoñecida traxectoria, cos que dialogar e coñecer de primeira man as súas motivacións, intereses, procesos e outros detalles.
  • Enriquecer a capacidade de análise, empatía e respecto a outras realidades mediante dinámicas de grupo que permitan comprender o poder da arte para ofrecer diferentes perspectivas sobre temas universais.
  • Ampliar temáticas e imaxinar novos sentidos que dialoguen con outras áreas académicas e profesionais, como a filosofía, a ciencia, a arquitectura e a investigación.
  • Romper a barreira invisible que separa a arte contemporánea do público xeral para tomar conciencia de que é un elemento accesible, dotado de significado e que pode ser gozado e comprendido por todas as persoas.
Programa

MÓDULO I – 1 sesión teórica

Por que a arte contemporánea non é algo que poda facer o teu fillo

Contido teórico apoiado pola proxección de imaxes e dinamizado con técnicas de pregunta-resposta e dinámicas grupais.

   1. Introdución: nocións básicas sobre a arte contemporánea
       1. Que entendemos por arte contemporánea
       2. A mediación como estratexia de achegamento

   2. A arte contemporánea: algúns casos de estudio
        - Fountain (1917), de Marcel Duchamp
        - Iberia (1958), de Robert Motherwell
        - Man from Naples (1982), de Jean-Michel Basquiat
        - Comedian (2019), de Maurizio Cattelan
        - O caso das mulleres artistas

MÓDULO II - 5 sesións prácticas

Achegamento á práctica contemporánea na Coruña: cinco artistas

Celebración de charlas e visitas a estudos de artistas da cidade. Manuel Lariño, Héctor Francesch, Lara Pintos, Juan Lesta e Iria do Castelo falarannos sobre a súa traxectoria, motivacións e detalles do seu traballo.

MÓDULO III - 2 sesións prácticas

Achegamento á arte contemporánea mediada: dúas exposicións

Visitas comentadas a dúas exposicións de arte da cidade, nas que se tratarán cuestións como a selección de obras, a súa orde e os materiais que se preparan para contribuír á súa comprensión.